THIRTY TWO SHORT FILMS ABOUT GLENN GOULD – XOVES 27 DE MAIO | 22:00

25
May/10
0

Unha investigación en trinta e duas partes sobre a mente e a alma do internacionalmente recoñecido virtuoso do piano Glenn Gould (1932-1982), para revelar o seu complexo e enigmático carácter ao tomar a estrutura das Variacións Goldberg de J.S. Bach.

Glenn Gould, canadense, foi un neno prodixio que compuña a os 5 anos e os 15 daba concertos. O filme foi definido pola crítica como unha cargante exaltación da excentricidade.

Xoves 27 de Maio ás 22:00 h Local da Tarabela . Entrada de balde.

Máis información. Páxina de filomusica

Etiquetado como:

PROGRAMA SEMANA 24 – 30 DE MAIO

23
May/10
0

CINECLUBE: Thirty two short films about Glenn Gould

Xoves 27 de Maio ás 22:00 h

Local da Tarabela . Entrada de balde.

CONCERTO: Guezos

Venres 28 de Maio ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).

FESTA DO VENTO – 16 – 24 XULLO

19
May/10
2

Preséntase en Tarabela en primicia mundial “A festa do Vento“, a festa grande de Tarabela que será do 16 ao 24 de Xullo, cun montón de actividades.

Tamén presentamos o cartel feito polo Pintor Armindo Salgueiro, a obra será sorteada durante a festa, podes mercar a túa rifa nuns días.

Ide quentando motores, en breve teredes máis información.

CINECLUBE: WERCKMEISTER HARMONIAK – XOVES 20 DE MAIO | 22:00

18
May/10
0

Un espectáculo ambulante chega á cidade, coa promesa de que será exhibida a balea máis grande do mundo, acompañado por unha figura misteriosa e incontrolable coñecida como “o Príncipe”…

Xoves 20 de Maio ás 22:00 h no Local da Tarabela. Entrada de balde.

Máis información | Crítica de Misterioso Objeto al Mediodía

PROGRAMA: SEMANA 17 – 23 MAIO

16
May/10
0

CINECLUBE: Werckmeister Harmóniák

Xoves 20 de Maio ás 22:00 h

Local da Tarabela . Entrada de balde.

CONCERTO: ALTERAZION DEL ORDEN – SABADO 15 DE MAIO | 22:00

13
May/10
0

Alterazión del Orden é un grupo de punk que nace en Melide no verán de 2006 de man de catro amigos (Carlos, Samuel, Brais e Rubio) que desexaban expresar as súas ideas a través da música e de paso matar algo de tempo libre, que naquela época era moito.

Influenciados desde o principio por grupos punk estatais e estranxeiros como Cicatriz, Salvate si Puedes, Segismundo Toxicómano, The Unseen, Rancid ou Anti Flag, sen esquecer aos grupos punk do 77; e despois de moitas horas no local de ensaio e moito traballo; empezan a saír os primeiros temas, con música e letras creadas polos membros do grupo, que marcarán o que será o estilo musical que caracteriza ao grupo: un punk potente pero ao mesmo tempo melódico, moi influenciados sobre todo polos grupos de punk americanos.

Alterazión del Orden presentase na Tarabela na súa xira de presentación do seu CD homónimo.

O Sábado 15 de Maio ás 22:00 h no Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€) – inclúe CD.

Máis información | MySpace Alterazión del Orden

TEATRO: COMENDO PEMENTOS DE PADRON CON TARANTINO – VENRES 14 DE MAIO | 22:00

12
May/10
0

O grupo Carrachanacacha está formado por Leandro Lamas, Gena Hernández, Antonio Estévez e María Veiga, todos eles membros da asociación teatral O aturuxo de Melpómene, asociación  creada a finais do 2007 por a primeira promoción dos alunos da Escola de Teatro de Narón.

A súa primeira montaxe “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” é unha comedia surrealista que narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla ata a fama en todo o mundo mundial.

O Venres 14 de Maio ás 22:00 h no Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).

Máis infomación | Blog de Carrachanacacha

CINECLUBE: SANS SOLEIL – XOVES 13 DE MAIO | 22:00

11
May/10
0

Tres rapaces nunha carretera en Islandia, unha tripulación somnolenta a bordo dun ferry, un emú en Île de France, un belo rostro das illas Bijagos, un cemiterio de gatos nas aforas de Tokio, vagabundos en Namidabashi, os habitantes da Illa de Fogo, Cabo Verde, un carnaval en Bissau….

Xoves 13 de Maio ás 22:00 h no Local da Tarabela. Entrada de balde.

Máis información | Crítica de Sans Soleil en Tren de Sombras

Etiquetado como:

PROGRAMA: SEMANA 10 – 16 MAYO

9
May/10
0

CINECLUBE: Sans Soleil

Xoves 13 de Maio ás 22:00 h

Local da Tarabela . Entrada de balde.

TEATRO: Comendo Pementos de Padrón con Tarantino

Venres 15 de Maio ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).

CONCERTO: Alterazion del Orden

Sábado 16 de Maio ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada + CD 5€ (socios 4€).

ANIrmau’10 – DOMINGO 9 DE MAIO

7
May/10
0

PROGRAMA

15:30 Selección de Curtametraxes Esperimentais.

16:30 Selección de Videoclips.

19:00 Selección das Curtametraxes gañadoras na presente edición.

20:00 Convocatoria do I Concurso de Guión Cinematográfico Conde Saavedra.

21:00 Final do Festival coa actuación de Marcelo Mercadante (no local da Tarabela).

No Barriga Verde. Entrada de balde.

Máis información | ANIrmau’10

Etiquetado como:

Medication online pharmacy. ativan. Free Delivery. | property4peanuts detroit homes for sale