QUEN SOMOS

Tarabela é unha asociación cultural que pretende traballar activamente a prol da cultura, das artes e da acción social tendo sempre presente a nosa identidade cultural e lingüística.

Nace a partir das inquedanzas dun grupo de xente que queremos pór en funcionamento ideas e proxectos que se sumen á actividade cultural que se está a realizar na vila de Lalín.

O noso obxectivo é traballar desde a base e pola base e conseguir, dende un espazo deseñado polos veciños, unha comunidade unida que poida converterse nun referente activo da vida social e cultural da vila.

Tarabela está aberta a redes asociativas, colectivos ou persoas a título individual que teñan vontade de facer cousas. Para a realización das vosas propostas poderedes contar coa axuda dun equipo de persoas disposto a facelas realidade.

O órgano soberano de Tarabela é a asemblea, que está constituída por todos os socios. O traballo está organizado por comisións, abertas á participación de calquera socio, que serán as encargadas de xestionar as propostas e o espazo.


Online Adult Dating system adultfriendfinder.com for individuals, swingers, couples and group. | Boost position in search engines, Page Comparison Tool. Improve Your Site Visibility