ARTE E NATUREZA NA TARABELA 2-3-4 DE XULLO

27
Jun/10
0

Os dias 2 e 3 de Xullo a Tarabela organiza o I Encontro de Arte e Natureza, tamén chamado Lalinarte onde os artistas pontevedreses Antón Sobral e Fernando Lafuente dirixirán a actividade creativa.

O encontro constará dunha sesión teorica-visual o venres 2 a partir das 18h onde se fará unha aproximación as experiencias de land art realizadas en Galicia e no mundo. Proxectarase material que describe o proceso artístico dos artistas mais importates neste eido. Proxectarase a película Rios e Mareas.

O sábado 3 a partir das 9:30 xuntaremonos na Tarabela para inciar o día de traballo in situ na carballeira da Crespa onde os artistas realizarán as suas obras na mesma natureza sempre efímeras, e respetuosas co entorno e contando co asesoramento dos coordinadores da actividade. As 20:00 voltaremos a Tarabela pra poñer en común os traballos realizados.

O Domingo 4 a partir das 12:00 xuntaremonos na Tarabela para por en común das propostas e ás 14:30 celebraremos un xantar de despedida.

A filosofía do encontro será traballar a partir dos sentidos. Percibir o espiritu do bosque. Escoitar, ollar, cheirar, degustar, tocar o espacio natural. Deixarse transportar polas cores das vellas árbores con miles de formas e texturas. Deter o tempo. Pasear paseniño. Escoitar o son do vento. Intervir con delicadeza e creatividade. Pintar con flores. Escribir con trozos de ramas. Ordear as follas caidas do inverno ..

E un obradoiro aberto onde artistas e amigos da natureza traballarán na Carballeira da Crespa.

As persoas que interesadas poden inscribirse contactando a través das seguintes opcións:

ó correo: otto@tarabela.org

no móbil: 687481816

Cuota de participación 10€ – socios da Tarabela, de balde. -

Animadevos, ainda quedan prazas.

Re.citando dende O Courel ata Marin

19
Abr/10
0

Cronica dunha finde anunciada:

uns o bordan ao tempo que  as emocións nos desborban.

O músico quece as mans aterecidas polos nervios do estreo, na mentres un Novoneyra reinventado en lalinense sae dende a zona escura do espazo escénico para guiarnos polo lado mais luminoso da poesía.

En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.

En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.

Poesía visual e sonora a de fANTOCHES bAJ, que nos leva e nos trae, facéndonos percorrer as campas de Oencia para logo debalar lenes surcando augas do Mandeo nos Caneiros de Betanzos, recreando, con gran sutileza e sensibilidade,  pasaxes  bretemosas da historia da Galiza de mediados de século pasado, a historia de tod@s nós.

Camiño da costa, Ourense acolleunos coma nunca coas cancións de ERGOM coma banda sonora cómplice do noso camiñar.

O Marin(-heiro) mais Tarabelo

O Marin(-heiro) mais Tarabelo

De tanto desexalo, o mar chegou a Lalín -poderían titular hoxe os medios de comunicación local-, tamén con tolemias coma Os camiños do Cocido e tantas  outras coma se propoña o marinense mais Tarabelo de todos nós, Antón Sobral. Proxectando unhas das súas mais novedosas creacións audiovisuais “Diario da muller que miraba o mar” e “Océano Sobral”, coa compaña dos versos de Xaime Toxo, trobador sen igual i mellor evocador de infancias costeiras.

- Exposición de pinturas ata o 7 de Maio -

GRAZAS a tod@s, polo voso compromiso e ARTE;  por mil Tarabelas máis ..