Un home volve á cidade de Estrasburgo, na que se namorou locamente catro anos atrás, para buscar á moza e recuperar aquel máxico momento.
É verán.
O xove estranxeiro camiña observando e debuxando xestos e expresións captadas azarosamente na rúa. Busca a esa muller que coñeceu tempo atrás, o seu recordo gravita sobre a cidade.
Esta procura condúcelle a outra muller que lle conduce a outra… sempre baixo a invocación da ausente.
Saber máis: Artigo en Miradas de Cine
Antes de realizar “En la Ciudad de Sylvia”, José Luís Guerín pasou gran cantidade de tempo filmando e traballando cunha serie de apuntamentos que agora ven a luz baixo o título de “Unas Fotos en la Ciudad de Sylvia”. Esta película posúe total independencia narrativa con respecto á xa mencionada “En la Ciudad de Sylvia”.
“En ningún caso ‘Unas Fotos en la Ciudad de Sylvia’ deben verse como un esbozo, está feita a partir de fotografías en branco e negro, mudas, nese caso o que conta é a pequena elipsis que hai entre unha fotografía e outra… Entre unha foto e outra hai un tempo que se foxe, un misterio que se escapa…. Esas limitacións autoimpostas requirían dun enunciado en primeira persoa que actuase como vía ou condutor. Neste sentido esas notas son moito máis narrativas que “En la Ciudad de Sylvia” (Extracto da entrevista realizada a José Luís Guerín no nº 5 de Cahiers du Cinéma, edición española).
No local da Tarabela o Xoves 11 as 22:00.