C ronica dunha finde anunciada:
uns o bordan ao tempo que as emocións nos desborban .
O músico quece as mans aterecidas polos nervios do estreo, na mentres un Novoneyra reinventado en lalinense sae dende a zona escura do espazo escénico para guiarnos polo lado mais luminoso da poesía.
En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.
Poesía visual e sonora a de fANTOCHES bAJ , que nos leva e nos trae, facéndonos percorrer as campas de Oencia para logo debalar lenes surcando augas do Mandeo nos Caneiros de Betanzos, recreando, con gran sutileza e sensibilidade, pasaxes bretemosas da historia da Galiza de mediados de século pasado, a historia de tod@s nós.
Camiño da costa, Ourense acolleunos coma nunca coas cancións de ERGOM coma banda sonora cómplice do noso camiñar.
O Marin(-heiro) mais Tarabelo
De tanto desexalo, o mar chegou a Lalín -poderían titular hoxe os medios de comunicación local-, tamén con tolemias coma Os camiños do Cocido e tantas outras coma se propoña o marinense mais Tarabelo de todos nós, Antón Sobral . Proxectando unhas das súas mais novedosas creacións audiovisuais “Diario da muller que miraba o mar ” e “Océano Sobral” , coa compaña dos versos de Xaime Toxo , trobador sen igual i mellor evocador de infancias costeiras.
- Exposición de pinturas ata o 7 de Maio -
GRAZAS a tod@s, polo voso compromiso e ARTE; por mil Tarabelas máis ..