Re.citando dende O Courel ata Marin

19
Abr/10
0

Cronica dunha finde anunciada:

uns o bordan ao tempo que  as emocións nos desborban.

O músico quece as mans aterecidas polos nervios do estreo, na mentres un Novoneyra reinventado en lalinense sae dende a zona escura do espazo escénico para guiarnos polo lado mais luminoso da poesía.

En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.

En Donramiro 17, non houbo escano baleiro.

Poesía visual e sonora a de fANTOCHES bAJ, que nos leva e nos trae, facéndonos percorrer as campas de Oencia para logo debalar lenes surcando augas do Mandeo nos Caneiros de Betanzos, recreando, con gran sutileza e sensibilidade,  pasaxes  bretemosas da historia da Galiza de mediados de século pasado, a historia de tod@s nós.

Camiño da costa, Ourense acolleunos coma nunca coas cancións de ERGOM coma banda sonora cómplice do noso camiñar.

O Marin(-heiro) mais Tarabelo

O Marin(-heiro) mais Tarabelo

De tanto desexalo, o mar chegou a Lalín -poderían titular hoxe os medios de comunicación local-, tamén con tolemias coma Os camiños do Cocido e tantas  outras coma se propoña o marinense mais Tarabelo de todos nós, Antón Sobral. Proxectando unhas das súas mais novedosas creacións audiovisuais “Diario da muller que miraba o mar” e “Océano Sobral”, coa compaña dos versos de Xaime Toxo, trobador sen igual i mellor evocador de infancias costeiras.

- Exposición de pinturas ata o 7 de Maio -

GRAZAS a tod@s, polo voso compromiso e ARTE;  por mil Tarabelas máis ..

TITERES: FANTOCHES BAJ: “REI, REI” – VENRES 26 DE MARZO | 22:00

25
Mar/10
0

Esta historia sobre porqué os merlos ao cantar semellan dicir “rei, rei” foi escrita por Karel Kapeck poñéndose no lugar dos máis desfavorecidos socialmente. Fantoches Baj aproveitan para investigar sobre a técnica tradicional dos títeres de luva e recuperar a súa frescura e rebeldía.

Un día o vagabundo Fuco Rei atópase cun forasteiro que vai tras o seu chapeo. O forasteiro, para poder perseguilo máis comodamente, deixa a súa maleta chea de diñeiro ao coidado de Fuco. Todo vai ben até que o policia Peixoto acusa prexuizosamente a Fuco de roubar os cartos e este acaba en prisión. Finalmente todo se aclara, e Fuco Rei é declarado melro branco dos vagabundos e rei dos melros.

Autor: Dramatización de Inacio Vilariño do conto de Karel Kapeck “Francisco Rei, Vagabundo”, editado por Siruela no libro “Nove contos e un de propina de Josepg Kapeck”

Encenador: Inacio Vilariño.

Intérpretes: Luis Iglesias “Luchi” e Inacio Vilariño.

Música: Carlos Paredes.

Técnica: Fantoches de luva, variña e actores.

Duración: 50 min.

Público: Familiar.

No local da Tarabela o Venres 26 de Marzo as 22:00 | Entrada 5€ (socios 4€)