Guezos nace en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional.
O seu primeiro traballo aparece un ano despois en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional con sons moi acústicos do que se chegarán a vender máis de 1.000 copias.
Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ó directo. Deste xeito percorre unha boa parte da xeografía galega e entra en contacto directo con outras bandas de inquedanzas semellantes. Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004. Terradentro.
Chegando o 2008, aproveitando a estabilidade acadada na formaciónda ban da, Guezos mergúllase de cheo no seu seguinte proxecto, Oito Destinos.
Guezos chega ata ó díade hoxe cun directo máis enérxico, ledo e contundente que nunca, no que ritmos como o rock, a rum, o ska ou o funk se misturan á perfección co folk.
Venres 28 de Maio ás 22:00 no Local da Tarabela . Entrada 5€ (socios 4€).
Máis información | Páxina de Guezos
CINECLUBE: Thirty two short films about Glenn Gould
Xoves 27 de Maio ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada de balde.
CONCERTO: Guezos
Venres 28 de Maio ás 22:00 h
Local da Tarabela . Entrada 5€ (socios 4€).