Os dias 2 e 3 de Xullo a Tarabela organiza o I Encontro de Arte e Natureza, tamén chamado Lalinarte onde os artistas pontevedreses Antón Sobral e Fernando Lafuente dirixirán a actividade creativa.
O encontro constará dunha sesión teorica-visual o venres 2 a partir das 18h onde se fará unha aproximación as experiencias de land art realizadas en Galicia e no mundo. Proxectarase material que describe o proceso artístico dos artistas mais importates neste eido. Proxectarase a película Rios e Mareas .
O sábado 3 a partir das 9:30 xuntaremonos na Tarabela para inciar o día de traballo in situ na carballeira da Crespa onde os artistas realizarán as suas obras na mesma natureza sempre efímeras, e respetuosas co entorno e contando co asesoramento dos coordinadores da actividade. As 20:00 voltaremos a Tarabela pra poñer en común os traballos realizados.
O Domingo 4 a partir das 12:00 xuntaremonos na Tarabela para por en común das propostas e ás 14:30 celebraremos un xantar de despedida.
A filosofía do encontro será traballar a partir dos sentidos. Percibir o espiritu do bosque. Escoitar, ollar, cheirar, degustar, tocar o espacio natural. Deixarse transportar polas cores das vellas árbores con miles de formas e texturas. Deter o tempo. Pasear paseniño. Escoitar o son do vento. Intervir con delicadeza e creatividade. Pintar con flores. Escribir con trozos de ramas. Ordear as follas caidas do inverno ..
E un obradoiro aberto onde artistas e amigos da natureza traballarán na Carballeira da Crespa .
As persoas que interesadas poden inscribirse contactando a través das seguintes opcións:
ó correo: otto@tarabela.org
no móbil: 687481816
Cuota de participación 10€ – socios da Tarabela, de balde. -
Animadevos, ainda quedan prazas.