CONCERTO: MARCELO MERCADANTE – DOMINGO 9 DE MAIO | 21:00

6
May/10
0

Marcelo Mercadante, bandoneonista e compositor arxentino, é un dos máis prestixiosos compositores e intérpretes de tango na actualidade. As súas composicións achegan unha visión contemporánea e un rico estilo persoal, dende un coñecemento profundo da raíz do tango.

Na Tarabela estará acompañado do guitarrista Gustavo Battaglia, tocan xuntos dende hai 15 anos. En 1994 forman o T.A.T. xunto a Andrés Serafini grupo co que gravan dous CDs T.A.T. e Revolucionario.

Este dúo é a consecuencia natural do traballo de tanto tempo, recreando tangos clásicos e introducindo algúns temas propios. No 2009 gravan e editan o CD Tachar Nostalgias, este novo traballo contén na súa totalidade obras orixinais de Mercadante e Battaglia.

Domingo 9 de Maio ás 21:00 h. no Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€)

Reserva anticipada de entradas en admin@tarabela.org é no 679946957

Máis información | Páxina web de Marcelo Mercadante

PROGRAMA: SEMANA 3 – 9 DE MAIO

2
May/10
0

FESTIVAL DE CURTOS: ANIRmau’10

Do 5 ó 9 de Maio

Local da Tarabela, Barriga Verde é Cantigas. Entrada de balde.

Ver programa do Festival

EXPOSICION FOTOGRAFICA: Luis Blanco

Venres 7 de Maio ás 21:00

Local da Tarabela. Entrada de balde.

CONCERTO: Marcelo Mercadante

Domingo 9 de Maio ás 21:00

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€)

Reserva anticipada de entradas en admin@tarabela.org é no 679946957


uk debt management