O grupo Carrachanacacha está formado por Leandro Lamas, Gena Hernández, Antonio Estévez e María Veiga, todos eles membros da asociación teatral O aturuxo de Melpómene, asociación creada a finais do 2007 por a primeira promoción dos alunos da Escola de Teatro de Narón.
A súa primeira montaxe “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” é unha comedia surrealista que narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla ata a fama en todo o mundo mundial.
O Venres 14 de Maio ás 22:00 h no Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).
Máis infomación | Blog de Carrachanacacha