CONCERTO: PARDERRUBIAS – VENRES 11 DE XUNHO| 22:00

8
Jun/10
0

Parderrubias xurde dun encontro natural entre dous amantes das músicas populares e tradicionais, que se atopan para compartir entre eles e para entregar a quen os queira recibir. Esta parella traballa coa música de raíz da Península Ibérica, recréase nela e ofrece un xenuino e respectuoso exemplo de tradición viva.

Davide e Rodrigo, un galego e un asturiano, un viaxeiro e un perfecto compañeiro de viaxe, un Don Quixote e un Sancho Panza, a tempestade e a calma. Dúas voces, un acordeón e moita percusión tradicional; un espectáculo no que a diversión e a emoción están aseguradas.

Venres 11 de Xuño ás 22:00 no Local da Tarabela. Entrada 5 € (socios 4 €)

Etiquetado como:

PROGRAMA SEMANA 7 – 13 XUNHO

6
Jun/10
0

CINECLUBE: Aquele querido mes de Agosto

Xoves 10 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela . Entrada de balde.

CONCERTO: Parderrubias

Venres 11 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).

CONCERTO: Fluzo

Domingo 13 de Xuño ás 20:30 h

Local da Tarabela. Entrada 3€ (disco+entrada 10€).