ARTE E NATUREZA NA TARABELA 2-3-4 DE XULLO

27
Jun/10
0

Os dias 2 e 3 de Xullo a Tarabela organiza o I Encontro de Arte e Natureza, tamén chamado Lalinarte onde os artistas pontevedreses Antón Sobral e Fernando Lafuente dirixirán a actividade creativa.

O encontro constará dunha sesión teorica-visual o venres 2 a partir das 18h onde se fará unha aproximación as experiencias de land art realizadas en Galicia e no mundo. Proxectarase material que describe o proceso artístico dos artistas mais importates neste eido. Proxectarase a película Rios e Mareas.

O sábado 3 a partir das 9:30 xuntaremonos na Tarabela para inciar o día de traballo in situ na carballeira da Crespa onde os artistas realizarán as suas obras na mesma natureza sempre efímeras, e respetuosas co entorno e contando co asesoramento dos coordinadores da actividade. As 20:00 voltaremos a Tarabela pra poñer en común os traballos realizados.

O Domingo 4 a partir das 12:00 xuntaremonos na Tarabela para por en común das propostas e ás 14:30 celebraremos un xantar de despedida.

A filosofía do encontro será traballar a partir dos sentidos. Percibir o espiritu do bosque. Escoitar, ollar, cheirar, degustar, tocar o espacio natural. Deixarse transportar polas cores das vellas árbores con miles de formas e texturas. Deter o tempo. Pasear paseniño. Escoitar o son do vento. Intervir con delicadeza e creatividade. Pintar con flores. Escribir con trozos de ramas. Ordear as follas caidas do inverno ..

E un obradoiro aberto onde artistas e amigos da natureza traballarán na Carballeira da Crespa.

As persoas que interesadas poden inscribirse contactando a través das seguintes opcións:

ó correo: otto@tarabela.org

no móbil: 687481816

Cuota de participación 10€ – socios da Tarabela, de balde. -

Animadevos, ainda quedan prazas.

CONCERTO RUMBA OESTE – SABADO 27 | 22:00

23
Feb/10
0

AVISO: APRAZANSE AS ACTIVIDADES DA FIN DE SEMANA. Leer mais

————————————————————————————————————————————————-

Ecléctica formación dende as suas orixes, esta formación rumbeira comeza a sua carreira no maxico e mitico barrio do Raval (Barcelona), expoñente máximo das tendenzas da fusión musical dos sons latinos e da rumba en Barcelona e verdadeiro berce da Rumba Catalana.

A primeira formación desta banda é unha fusión de dúas bandas moi diferentes. Por unha banda esta formada por excomponentes do grupo O Jarbanzo Negro, rumberos irreverentes con reminiscencias do punk-folk residentes en Barcelona e actualmente desaparecidos do panorama musical, e doutra banda, os compoñentes do grupo Norte Flamenco, residente na Coruña e cunha vea moito máis purista dentro da linguaxe flamenca.

A banda adopta unha clara tendencia rumberofiestera como vehículo de expresión, sen descoidar a alta calidade interpretativa musical dos seus compoñentes e os seus arranxos atrevidos e novos. Esta é a liña que seguen na actualidade.

Nos concertos da Rumba Oeste o máis importante é pasalo ben . Rumba Oeste ó West Rumba,(como se coñece noutras latitudes) gusta de ser simplemente a escusa musical para unha festa lúdica . Para iso utilizan a fusión rumbera e caribeña, en forma de versións e temas de colleita propia, tan ben elaborados e arranxados musicalmente, que non teñen precedente. As versións, renden homenaxe a artistas rumbeiros de todolos tempos entre os que se atopan o mestre Peret, Rubén Blades, Os Amaya e Celia Cruz, Gato Perez, A Fania all stars, entre outros.

Os compoñentes na actualidade son Pulpiño Viascón multiinstrumentista con tradición circense, que toca o caixón flamenco, zendrum , serrucho musical e voz, Xullo Andrade ao baixo e babybass eléctricos e voz, Fran Castro aos teclados, piano e voz, e Miguel Ladrón de Guevara á guitarra flamenca e voz solista.

O concerto será no local da Tarabela. Entrada 5€ (socios da Tarabela 4€).