CONCERTO: ULTIMA SACUDIDA + ALBERT FISH – SABADO 1 DE MAIO | 22:00

29
Abr/10
0

Ultima Sacudida nace en donramiro no ano 2003 formado por Fedello (guitarra) e Patxeko (batería) coa idea de facer punk rock influenciados polas vellas bandas locais .

No ano 2004 dan o seu 1º concerto uníndose Ruben ó baixo e Ando como cantante . Despois deste debut quedaron como trío durante o seguinte ano pasando así Ruben a ocuparse das voces. No ano 2006 entra Moli como guitarrista e aquí chegaron a actual formacion .

Entran a grabar o seu 1º disco nos estudios oceano con Javier Abreu en febreiro de 2007 e estan tratando de editalo …enérxicos concertos,  festa , musica da rúa, simplemente punk-rock crudo, rapido e alto.

Os Albert Fish son unha banda punk-rock de Lisboa que xurdiu en 1995, estreándose nos escenarios ese mesmo ano, na mítica sala Jukebox.

Teñen unha ampla experiencia en directo tocando en case todas as salas clásicas (Juke, Johnny Guitar, Rockline, Marquês, Ritz, etc…) e con decenas de bandas (Skamioneta do Lixo, X-Acto, Crise Total, Sarcastic, Blasted Mechanism, etc…).

En 2002 os Albert Fish gravan o seu primeiro álbum “Strongly Recommended”, cd editado polas discográficas: Anti-Corpos DIY e Zerowork Recs.

Actualmente o grupo está a preparar o seu novo disco.

Sábado 1 de Maio ás 22:00 no local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€)

Máis información | MySpace Ultima Sacudida e MySpace Albert Fish

PROGRAMA: SEMANA 26 ABRIL – 2 MAYO

25
Abr/10
0

CINECLUBE: Arrebato

Xoves 29 de Abril ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada de balde.

TEATRO: Maribingo

Viernes 30 de Abril ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€)

second army

CONCERTO: Ultima Sacudida + Albert Fish

Sábado 1 de Maio ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 4€