CINECLUBE: VAI-E-VEM – XOVES 17 DE XUNHO | 22:00

14
Jun/10
0

João Vuvu, viúvo, sen familia, fóra dun fillo en prisión acusado de dobre homicidio e atraco a man armada a un banco, vive só, na súa casa, ampla, asollada, con signos dunha apreciable riqueza, nun dos barrios antigos de Lisboa, situado no alto do Monte Olivete.

Pouco ou nada sociable, o señor João Vuvu emprende todos os días o seu paseo no autobús número 100, repetindo infatigablemente o mesmo traxecto. Só algúns pequenos incidentes durante o percorrido poden alterar episódicamente esta rutina que parece corresponder á vontade de soidade do protagonista e á asunción dun exilio que lle volve hostil á máis mínima proximidade social.

A saída de prisión do seu fillo e a decepción que o seu desexo de rexeneración provoca no pai, van desencadear unha serie de sombríos acontecementos nos cales o carácter criminal do protagonista revélase condenándoo a un destino definitivamente fóra da lei, fóra da comunidade.

Xoves 17 de Xuño ás 22:00 h no Local da Tarabela. Entrada de balde

Máis información | Crítica de Zinema

Etiquetado como:

PROGRAMA SEMANA 14 – 20 DE XUNHO

13
Jun/10
0

CINECLUBE: Vai-e-Vem

Xoves 17 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela . Entrada de balde.


CONCERTO: El Viejo Caracol

Sábado 19 de Xuño ás 22:00 h

Local da Tarabela. Entrada 5€ (socios 4€).